Mostrando entradas con la etiqueta 2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2020. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de noviembre de 2020

ASCM se vuelca con los actos del 25N

 El área mujer de ASCM ha tomado parte de una gran cantidad de iniciativas, con el objetivo de que la situación sanitaria no frene la lucha contra la pandemia machista



ASCM se ha tomado a conciencia este 25-N. Desde el área de mujer de la entidad se han volcado en este Día contra la violencia de género, poniendo el foco en un colectivo que se enfrenta a la invisibilidad y a una doble discriminación. Las mujeres con discapacidad son las grandes olvidadas en lucha contra la pandemia machista. 

Desde ASCM se ha apostado por un formato virtual y muy completo para esta jornada de reivindicación, tan necesaria. Se iniciaba el día con la participación de la entidad en una jornada online, a nivel nacional, organizada por COAMIFICOA. Bajo el título, "La invisibilidad de la violencia de genero de las mujeres con discapacidad en la pandemia" se han puesto de relieve algunas de las realidades a las que debe hacer frente el colectivo. Nuestra presidenta, Paula Gárate, ejerció de moderadora; estrenando su cargo al frente de la Comisión de la Mujer y Niña con discapacidad de la Federación.





Esta misma tarde, ASCM ha estrenado en vivo, mediante YouTube y Facebook Live, una pieza audiovisual para visibilizar el trabajo en red de la iniciativa gallega "En Negro Contra As Violencias". Esta propuesta  ha sido realizada con los dibujos y mensajes enviados por las personas usuarias y voluntarias de la entidad. Seguidamente, se ha procedido a celebrar un webinar sobre mujer, violencia y discapacidad, a través de Google Meet.



Además ASCM, participa de los actos institucionales de Ferrol, Narón, Deputación da Coruña y Xunta de Galicia. La entidad tomará parte de la andaina virtual, "Camiño ao respecto", durante las próximas jornadas.


Un 25-N repleto de reivindicaciones que ha tenido como broche el manifiesto de COAMIFICOA al que ASCM se ha adherido para poner sobre la mesa, cuestiones clave para el colectivo de mujeres con discapacidad.

lunes, 23 de noviembre de 2020

A Área de Muller de ASCM arrinca semana repleta de actos para conmemorar o 25-N

 ASCM participa de iniciativas a nivel estatal e propón unha serie de actos propios para visibilizar o 25N



A Asociación  Sociocultural ASCM, a través da Área de Muller, desenvolverá e participará dunha serie de iniciativas con motivo do 25-N. ASCM, baixo o lema "violencia invisible" centrará o foco na invisibilidade á que debe facer fronte a muller con discapacidade, en materia de violencia de xénero.


ASCM está adherida á rede "En Negro contra as Violencias" e, durante a semana, compartirá unha serie de pílulas audiovisuais para sumarse á iniciativa telemática deste 2020. Asimesmo, a entidade colaborará e apoioará as campañas institucionais dos concellos de Ferrol e Narón.


A presenza, a nivel nacional, de ASCM será a través dos Encontros Virtuais que organiza COAMICOA. "La invisibilidad de la violencia de género en la mujer con discapacidad en la pandemia" é o título desta charla que terá lugar o día 25 ás 11.00 h., a través de Zoom, e na que se pode participar de xeito aberto, previa inscrición.


Para inscribirse: COAMIFICOA ENCONTRO ONLINE


Nesa mesma data, ASCM promove un webinar propio, a través de Google Meet, "Violencia invisible: unha reflexión sobre muller e discapacidade", na que se traballará participativamente a través do visionado de distintas pezas audiovisuais. A participación está aberta a toda a cidadanía. As persoas interesadas en tomar parte, deben mandar un WhatsApp ao 604 05 57 03 para recibir acceso ao webinar.


A Área Muller de ASCM pretende que a pandemia da violencia de xénero e, en particular a relativa ao colectivo de muller con discapacidade, non quede invisibilizada por mor da situación sanitaria que asola o país. 

viernes, 4 de septiembre de 2020

ASCM constitúe unha Comisión para a elaboración do seu Plan de Igualdade

 A Asociación Sociocultural ASCM ven traballando, desde a súa área de muller, na sensibilización sobre a importancia da igualdade de xénero.


                                                                       Momento da reunión constitutiva da Comisión de Igualdade.


ASCM elaborará un Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, para aplicar no seo da súa entidade. Contará có asesoramento e apoio da Fundación Mujeres. A entidade ven traballando, nos derradeiros anos, na eliminación da dobre discriminación da muller con discapacidade na sociedad; a través da súa área de muller. Coa constitución desta comisión paritaria, iniciase un proceso de formalización e sensibilización de medidas que a entidade leva tempo implementando.


O Plan Estratéxico de ASCM (2020-22) xa puña de manifesto a necesidade de adicar especial esforzo e interese ao colectivo de mulleres con discapacidade e este Plan permitirá coñecer as ferramentas e mecanismos máis axeitados para traballar pola eliminación do teito de cristal no edio: laboral, social, cultural, etc; empezando pola propia comunicación, estrutura e actuaciones da entidade.


As persoas participantes asinaron o regulamento de constitución da Comisión e seguiran a traballar na diagnose, melloras, etc. para facer da ASCM un auténtico referente en materia de Igualdade de Xénero, dentro do Terceiro Sector.






martes, 9 de junio de 2020

ASCM colabora có proxecto universitario #PluriDiversas


  • A área Muller da ASCM quixo colaborar con este proxecto dunha alumna da UDC que busca rachar con estereotipos.
A ASCM traballa, desde a súa fundación en 1987, pola auténtica inclusión das persoas con discapacidade. Un termo chave para a entidade é o concepto UNIVERSAL, aplicado a: accesibilidade, dereitos, cultura, educación, etc. Por iso cando, Ary Gracía, estudante da UDC contactou con nós para sumar as nosas forzas á iniciativa #PluriDiversas non puidemos resistirnos a colaborar.

Pluridiversas busca traballar o concepto de universalidade, desde a perspectiva de xénero, nunha dobre vertente: a de denuncia de invisibilidade da muller na cultura, a ciencia, o deporte, etc. e a de reescribir a historia, desde un punto de vista positivo. 

Na ASCM optamos por trasladar os nosos valores. Valores, postos en práctica, sempre, desde unha sensibilidade especial ao colectivo de muller con discapacidade que debe afrontar unha dobre discriminación. Nacía así, a área muller da entidade. Un campo de traballo capitaneado por mulleres con valores e tamén con moito valor.

Desde ASCM queremos agradecer a Ary García, estudante da UDC, o seu ofrecemento para sumarmos a este fermoso exercicio de empoderamento virtual.




viernes, 6 de marzo de 2020

ASCM arranca un mes cheo de actos relacionados coa muller

  • A Área de Muller de ASCM participará activamente das actividades propostas polos distintos concellos, dentro do marco dos actos da muller.

A Asociación Sociocultural ASCM deu, esta mañá, o pistoletazo de saída ás actividades relacionadas coa muller, pola proximidade do 8 de marzo. As persoas usuarias da entidade recibiron unha breve charla da presidenta da ASCM, Paula Gárate, para concienciar sobre o teito de cristal existente en materia de xénero en diversos eidos; poñendo o foco na dobre discriminación da muller con discapacidade. As persoas asistentes elaboraron unha cadeneta reivindicativa con mensaxes coma: "Igualdade para a muller con discapacidade", "Igualdade de salarios", etc. Con esta cadeneta, a ASCM, pretende visibilizar que xuntas podemos mover o mundo. Unha cadea de mulleres reivindicando e visibilizando a necesidade de empoderamento da muller con discapacidade.

                                     Elaborando a cadeneta reivindicativa.

Alumnas/os de EPA reivindicando igualdade.


Asimesmo, ASCM, estivo presente da declaración institucional e plantación simbólica do concello de Ferrol. O acto, que deu comezo ás 11.30 h, estivo presidido polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a Concelleira de Benestar Social, Eva Martínez. Durante o acto, celebrado fronte a estatua de Concepción Arenal, as persoas asistentes plantaron 13 roseiras para rexeitar os 13 asasinatos machistas que levamos no que va de ano. Pola tarde, terá lugar a Gala Institucional no Jofre, ás 20.00 h, da que a entidade tomará, tamén, parte.

ASCM durante os actos institucionais da muller.


No concello de Narón están, asimesmo, programados diversos actos. A entidade acudirá o vindeiro 17 de marzo ás 10.30 h. ao Pazo da Cultura de Narón á representación da obra teatral "Invisibles". O 27 de marzo, representantes de ASCM, acudirán á tradicional cea de muller en Casa Becerra. Todas aquelas asociadas interesadas en acudir, deberán poñerse en contacto connosco no 981 35 14 30. A comida ten un custo de 20 euros. 

   O alcalde, Ángel Mato, durante a plantación institucional.

Como colofón final, ASCM organiza a andaina inclusiva pola igualdade "Sportodas". Unha holi run, en Mugardos, da que participarán centeares de escolares e está aberta a cidadanía en xeral. Haberá sorpresas e agasallos para as persoas participantes e o evento é de balde. Aínda non hai unha data definitiva para o acto, pero terá lugar ao longo de marzo e xa están abertas as inscricións, a través da seguinte ligazón : Formularios de inscripción Andaina. Todas as dúbidas relativas ao evento ou inscrións se resolverán no teléfono 981 35 14 30 ou no mail comunicacionascm@gmail.com.