ASCM participa de iniciativas a nivel estatal e propón unha serie de actos propios para visibilizar o 25N
A Asociación Sociocultural ASCM, a través da Área de Muller, desenvolverá e participará dunha serie de iniciativas con motivo do 25-N. ASCM, baixo o lema "violencia invisible" centrará o foco na invisibilidade á que debe facer fronte a muller con discapacidade, en materia de violencia de xénero.
ASCM está adherida á rede "En Negro contra as Violencias" e, durante a semana, compartirá unha serie de pílulas audiovisuais para sumarse á iniciativa telemática deste 2020. Asimesmo, a entidade colaborará e apoioará as campañas institucionais dos concellos de Ferrol e Narón.
A presenza, a nivel nacional, de ASCM será a través dos Encontros Virtuais que organiza COAMICOA. "La invisibilidad de la violencia de género en la mujer con discapacidad en la pandemia" é o título desta charla que terá lugar o día 25 ás 11.00 h., a través de Zoom, e na que se pode participar de xeito aberto, previa inscrición.
Para inscribirse: COAMIFICOA ENCONTRO ONLINE
Nesa mesma data, ASCM promove un webinar propio, a través de Google Meet, "Violencia invisible: unha reflexión sobre muller e discapacidade", na que se traballará participativamente a través do visionado de distintas pezas audiovisuais. A participación está aberta a toda a cidadanía. As persoas interesadas en tomar parte, deben mandar un WhatsApp ao 604 05 57 03 para recibir acceso ao webinar.
A Área Muller de ASCM pretende que a pandemia da violencia de xénero e, en particular a relativa ao colectivo de muller con discapacidade, non quede invisibilizada por mor da situación sanitaria que asola o país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario