viernes, 4 de septiembre de 2020

ASCM constitúe unha Comisión para a elaboración do seu Plan de Igualdade

 A Asociación Sociocultural ASCM ven traballando, desde a súa área de muller, na sensibilización sobre a importancia da igualdade de xénero.


                                                                       Momento da reunión constitutiva da Comisión de Igualdade.


ASCM elaborará un Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, para aplicar no seo da súa entidade. Contará có asesoramento e apoio da Fundación Mujeres. A entidade ven traballando, nos derradeiros anos, na eliminación da dobre discriminación da muller con discapacidade na sociedad; a través da súa área de muller. Coa constitución desta comisión paritaria, iniciase un proceso de formalización e sensibilización de medidas que a entidade leva tempo implementando.


O Plan Estratéxico de ASCM (2020-22) xa puña de manifesto a necesidade de adicar especial esforzo e interese ao colectivo de mulleres con discapacidade e este Plan permitirá coñecer as ferramentas e mecanismos máis axeitados para traballar pola eliminación do teito de cristal no edio: laboral, social, cultural, etc; empezando pola propia comunicación, estrutura e actuaciones da entidade.


As persoas participantes asinaron o regulamento de constitución da Comisión e seguiran a traballar na diagnose, melloras, etc. para facer da ASCM un auténtico referente en materia de Igualdade de Xénero, dentro do Terceiro Sector.






No hay comentarios:

Publicar un comentario