martes, 9 de junio de 2020

ASCM colabora có proxecto universitario #PluriDiversas


  • A área Muller da ASCM quixo colaborar con este proxecto dunha alumna da UDC que busca rachar con estereotipos.
A ASCM traballa, desde a súa fundación en 1987, pola auténtica inclusión das persoas con discapacidade. Un termo chave para a entidade é o concepto UNIVERSAL, aplicado a: accesibilidade, dereitos, cultura, educación, etc. Por iso cando, Ary Gracía, estudante da UDC contactou con nós para sumar as nosas forzas á iniciativa #PluriDiversas non puidemos resistirnos a colaborar.

Pluridiversas busca traballar o concepto de universalidade, desde a perspectiva de xénero, nunha dobre vertente: a de denuncia de invisibilidade da muller na cultura, a ciencia, o deporte, etc. e a de reescribir a historia, desde un punto de vista positivo. 

Na ASCM optamos por trasladar os nosos valores. Valores, postos en práctica, sempre, desde unha sensibilidade especial ao colectivo de muller con discapacidade que debe afrontar unha dobre discriminación. Nacía así, a área muller da entidade. Un campo de traballo capitaneado por mulleres con valores e tamén con moito valor.

Desde ASCM queremos agradecer a Ary García, estudante da UDC, o seu ofrecemento para sumarmos a este fermoso exercicio de empoderamento virtual.




No hay comentarios:

Publicar un comentario