Mostrando entradas con la etiqueta discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta discapacidade. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de noviembre de 2020

A Área de Muller de ASCM arrinca semana repleta de actos para conmemorar o 25-N

 ASCM participa de iniciativas a nivel estatal e propón unha serie de actos propios para visibilizar o 25N



A Asociación  Sociocultural ASCM, a través da Área de Muller, desenvolverá e participará dunha serie de iniciativas con motivo do 25-N. ASCM, baixo o lema "violencia invisible" centrará o foco na invisibilidade á que debe facer fronte a muller con discapacidade, en materia de violencia de xénero.


ASCM está adherida á rede "En Negro contra as Violencias" e, durante a semana, compartirá unha serie de pílulas audiovisuais para sumarse á iniciativa telemática deste 2020. Asimesmo, a entidade colaborará e apoioará as campañas institucionais dos concellos de Ferrol e Narón.


A presenza, a nivel nacional, de ASCM será a través dos Encontros Virtuais que organiza COAMICOA. "La invisibilidad de la violencia de género en la mujer con discapacidad en la pandemia" é o título desta charla que terá lugar o día 25 ás 11.00 h., a través de Zoom, e na que se pode participar de xeito aberto, previa inscrición.


Para inscribirse: COAMIFICOA ENCONTRO ONLINE


Nesa mesma data, ASCM promove un webinar propio, a través de Google Meet, "Violencia invisible: unha reflexión sobre muller e discapacidade", na que se traballará participativamente a través do visionado de distintas pezas audiovisuais. A participación está aberta a toda a cidadanía. As persoas interesadas en tomar parte, deben mandar un WhatsApp ao 604 05 57 03 para recibir acceso ao webinar.


A Área Muller de ASCM pretende que a pandemia da violencia de xénero e, en particular a relativa ao colectivo de muller con discapacidade, non quede invisibilizada por mor da situación sanitaria que asola o país. 

martes, 9 de junio de 2020

ASCM colabora có proxecto universitario #PluriDiversas


  • A área Muller da ASCM quixo colaborar con este proxecto dunha alumna da UDC que busca rachar con estereotipos.
A ASCM traballa, desde a súa fundación en 1987, pola auténtica inclusión das persoas con discapacidade. Un termo chave para a entidade é o concepto UNIVERSAL, aplicado a: accesibilidade, dereitos, cultura, educación, etc. Por iso cando, Ary Gracía, estudante da UDC contactou con nós para sumar as nosas forzas á iniciativa #PluriDiversas non puidemos resistirnos a colaborar.

Pluridiversas busca traballar o concepto de universalidade, desde a perspectiva de xénero, nunha dobre vertente: a de denuncia de invisibilidade da muller na cultura, a ciencia, o deporte, etc. e a de reescribir a historia, desde un punto de vista positivo. 

Na ASCM optamos por trasladar os nosos valores. Valores, postos en práctica, sempre, desde unha sensibilidade especial ao colectivo de muller con discapacidade que debe afrontar unha dobre discriminación. Nacía así, a área muller da entidade. Un campo de traballo capitaneado por mulleres con valores e tamén con moito valor.

Desde ASCM queremos agradecer a Ary García, estudante da UDC, o seu ofrecemento para sumarmos a este fermoso exercicio de empoderamento virtual.