- A Área de Muller de ASCM participará activamente das actividades propostas polos distintos concellos, dentro do marco dos actos da muller.
A Asociación Sociocultural ASCM deu, esta mañá, o pistoletazo de saída ás actividades relacionadas coa muller, pola proximidade do 8 de marzo. As persoas usuarias da entidade recibiron unha breve charla da presidenta da ASCM, Paula Gárate, para concienciar sobre o teito de cristal existente en materia de xénero en diversos eidos; poñendo o foco na dobre discriminación da muller con discapacidade. As persoas asistentes elaboraron unha cadeneta reivindicativa con mensaxes coma: "Igualdade para a muller con discapacidade", "Igualdade de salarios", etc. Con esta cadeneta, a ASCM, pretende visibilizar que xuntas podemos mover o mundo. Unha cadea de mulleres reivindicando e visibilizando a necesidade de empoderamento da muller con discapacidade.
Elaborando a cadeneta reivindicativa. |
Alumnas/os de EPA reivindicando igualdade. |
Asimesmo, ASCM, estivo presente da declaración institucional e plantación simbólica do concello de Ferrol. O acto, que deu comezo ás 11.30 h, estivo presidido polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a Concelleira de Benestar Social, Eva Martínez. Durante o acto, celebrado fronte a estatua de Concepción Arenal, as persoas asistentes plantaron 13 roseiras para rexeitar os 13 asasinatos machistas que levamos no que va de ano. Pola tarde, terá lugar a Gala Institucional no Jofre, ás 20.00 h, da que a entidade tomará, tamén, parte.
ASCM durante os actos institucionais da muller. |
No concello de Narón están, asimesmo, programados diversos actos. A entidade acudirá o vindeiro 17 de marzo ás 10.30 h. ao Pazo da Cultura de Narón á representación da obra teatral "Invisibles". O 27 de marzo, representantes de ASCM, acudirán á tradicional cea de muller en Casa Becerra. Todas aquelas asociadas interesadas en acudir, deberán poñerse en contacto connosco no 981 35 14 30. A comida ten un custo de 20 euros.
O alcalde, Ángel Mato, durante a plantación institucional. |
Como colofón final, ASCM organiza a andaina inclusiva pola igualdade "Sportodas". Unha holi run, en Mugardos, da que participarán centeares de escolares e está aberta a cidadanía en xeral. Haberá sorpresas e agasallos para as persoas participantes e o evento é de balde. Aínda non hai unha data definitiva para o acto, pero terá lugar ao longo de marzo e xa están abertas as inscricións, a través da seguinte ligazón : Formularios de inscripción Andaina. Todas as dúbidas relativas ao evento ou inscrións se resolverán no teléfono 981 35 14 30 ou no mail comunicacionascm@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario