O Concello de Ferrol abre mañá, xoves 28 de outubro, o prazo de inscrición para un novo obradoiro de balde dirixido ás mulleres da cidade. Neste caso impartirase na Casa da Muller (rúa Lugo, 56) ‘Recréate’, un curso en reciclaxe creativo e restauración de mobles, tal e como informou esta mañá a concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados.
Haberá dous edicións, unha en novembro e outra e decembro, cada una delas con dous niveis (inicio e estilo e cor). Cada edición contará con 10 prazas e as persoas interesadas poderán anotarse ata o 7 de novembro, ás 23.59 horas, a través da web www.ferrol.gal/obradoiromuller, que estará operativa desde as 9 horas de mañá. Na primeira quincena de cada mes desenvolverase o nivel de iniciación e na segunda traballarase o estilo e o cor. As sesións desenvolveranse os martes e xoves, de 10 a 12 horas.
Prados indicou que o obxectivo deste novo obradoiro é “sacar a parte creativa e as habilidades das participantes ao tempo que aprenden a dar unha segunda vida aos obxectos a través da reutilización dos materiais”. Deste modo “crearanse pezas únicas e exclusivas mediante a recreación artística”. A edil explicou que no primeiro se aprenderán as técnicas do desgastado, os acabados con ceras sobre pintura e o arte do lavado con color para superficies a través do uso de rodillos e no segundo nivel, de estilo e cor, abordaranse métodos decorativos máis avanzados, como o degradado, decoupage, papel transfer, acabados tipo pan de ouro, ou o uso de papeis laminados.
Inscrición : https://www.ferrol.gal/Sede/ObradoiroMuller
No hay comentarios:
Publicar un comentario