domingo, 16 de febrero de 2025

EDÍS DA CORPORACIÓN LOCAL E REPRESENTANTES DE OITO ENTIDADES SOCIAIS E CULTURAIS PARTICIPARON NO CONSELLO SECTORIAL DE IGUALDADE

A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, presidiu a convocatoria, na que estiveron tamén presentes representantes de todos os grupos da corporación local


Narón, 14 de febreiro de 2025. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, presidiu onte a celebración do Consello Sectorial de Igualdade, convocatoria que na orde do día incluía abordar as propostas municipais para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, punto que se tratou tras someter a aprobación a acta da sesión anterior. En representación da corporación local estiveron tamén presentes Olga Ameneiro, edil de Participación Cidadá, de TEGA; Olaia Ledo, voceira do BNG; Silvia de Arriba, voceira do PSOE e Nuria Yáñez, edil do PP. En canto ás asociacións, estiveron representadas a Asociación Sociocultural ASCM, a Asociación Mulleres Ártabras, Affinor, Cogami, Acadar, AXF, Teima Down e Xebra. A edil de Igualdade anunciou ás representantes das diferentes entidades as propostas que se prevén levar a cabo dende o Concello para conmemorar este ano o 8M. Pola súa banda, algunhas das asociacións tamén presentaron as súas propias propostas para colaborar co Consistorio na elaboración de programas durante todo o ano. María Lorenzo agradeceu a participación das diferentes entidades que acudiron “co fin de compartir propostas e continuar coa vía de colaboración que se mantén con elas na cidade para desenvolver diferentes eventos”. Así mesmo, a concelleira naronesa destacou o labor que levan a cabo con varios colectivos sociais e culturais “indispensable para ofrecer servizos e actividades moi específicas e dirixidas aos colectivos cos que traballan e as súas familias pero en moitos casos tamén á cidadanía en xeral”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario