ASCM organizou este pasado venres unha mesa redonda titulada "Perspectiva 30 anos da muller con discapacidade" na que un grupo de mulleres falaron dos temas que máis lles preocupan e dos cambios que viviron o longo destes 30 anos.
Este acto comezou, a modo introductorio, cun repaso das actividades que tiveron e terán lugar neste mes, adicado a muller. Logo, tivo lugar unha charla moi amena na que se trataron varios puntos:
- Accesibilidade: comentaron as barreiras coas que se atoparon o longo da súa vida, como por exemplo nas aulas, que na sua época non estaban adaptadas.
- Discriminación: máis da metade das mulleres comentaron que sufriron discriminación, desde insultos, violencia ou marxinación.
- Superación: as asistentes compartiron situacións nas que non obtiveron apoio do seu círculo máis cercano, como a obtención do carné de conducir ou a continuación dos seus estudos.
- Sexualidade: falaron sobre as súas experiencias e sobre o que lles preocupa, así como de menstruación e maternidade.
- Feminismo: as mulleres puideron compartir os seus puntos de vista sobre ese tema, formando un pequeno debate.
"Perspectiva 30 anos da muller con discapacidade" resultou moi entretida e útil para as mulleres que acudiron. ¡Xa están desexando ir a outra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario