lunes, 13 de marzo de 2017

MULERES DE ASCM ACUDEN A CEA DA MULLER

Un grupo de mulleres da Asociación Sociocultural ASCM acudimos o venres día 10 á Cea da Muller organizada polo Concello de Narón. A tradicional cea das mulleres tivo lugar no restaurante A Roldana (polígono Río do Pozo) ás 21.30 horas.

Esta celebración comezou cunha presentación de man de Teresa Sabio, Concelleira de Igualdade e Promoción Social de Narón, na que agradeceu a asistencia o acto e deu paso a Flor Maceira, elexida Muller do Ano 2017 en Narón. 
Flor Maceira, recibiu esta mención emocionada, e dedicou unhas palabras a todas as mulleres presentes nas que reivindicou a loita pola violencia de xénero e o papel activo das mulleres.

Despois disfrutamos da cea e dunha actuación musical, que animounos a saír a pista a bailar.








No hay comentarios:

Publicar un comentario