A Corporación Municipal distingue o seu traballo ó fronte da AVV Virxe do Mar durante 13 anos consecutivos.
Narón, 6 de Marzo de 2014.- O Concello de Narón acolleu hoxe o acto institucional de Nomeamento da Muller do Ano 2014. O galardón recaeu na ex presidenta da Asociación de Veciños Virxe do Mar, Dolores Graña Freire, quen ocupou o cargo entre os anos 1999 e 2012.
A Corporación Municipal, representada hoxe nos voceiros dos partidos políticos que a compoñen, participou nun acto sorpresa no que o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, foi o encargado de anunciar a Dolores Graña (coñecida coma Lola) o seu nomeamento. “Con esta recepción, o Concello de Narón recoñece tódolos anos de traballo de Dolores Graña a prol dos seus veciños”, declarou o Alcalde, engadindo que “hai moitas outras mulleres que tamén están facendo un traballo destacado pero resulta imposible homenaxealas, por iso intentamos recoñecer en Lola a todas elas”.
Tamén a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, tivo verbas de agradecemento para a Muller do Ano 2014. “Pode ser un exemplo para que tódalas mulleres nos impliquemos na sociedade na medida das nosas posibilidades, e que loitemos por conseguir un mundo mellor” sinalou a edil, quen referiuse a Dolores Graña coma “unha muller traballadora á cal a vida non lle foi sempre fácil”.
Na recepción institucional celebrada hoxe no Concello, fíxose entrega a Dolores Graña dun ramo de flores e un broche, que lucirá na Cea das Mulleres prevista para o venres 14 de marzo no restaurante “A Trasanquesa” (Sedes). Pódense reservar as entradas chamando ó Concello (981 33 77 00- extensións 1108 ou 1113) ou ven no restaurante ata o día 10 de marzo. (Prezo: 15 €).
A celebración dos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, inclúe ademais o espectáculo teatral “El(l)as confidencial”, que se representará o sábado 8 de marzo ás 20:00 horas no Pazo da Cultura de Narón. Pódense reservar as entradas para o espectáculo chamando ó teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensións 1108 ou 1113). Prezo: 6,65 € (subvencionado polo Concello). En taquilla venderanse ó prezo normal. O mércores 12 de marzo organizarase unha mesa redonda baixo o título “Educando en Igualdade”, ás 18:00 horas no Local Social Municipal de O Alto. E por último, o xoves 15 de maio confeccionarase un Mural conmemorativo, entre tódalas mulleres asistentes, na Praza de Galicia ás 18:00 horas
http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/noticias/get/1202/
El Concello de Narón ha acogido esta mañana el acto institucional con el que ha hecho entrega del distintivo deMuller do Ano 2014, que este año ha recaído en la expresidenta de la asociación de vecinos de Virxe do Mar, Dolores Graña Freire.
La Corporación municipal ha reconocido así «todos os anos de traballo a prol dos seus veciños», tal y como ha indicado el regidor naronés José Manuel Blanco. «Hai moitas outras mulleres que tamén están facendo un traballo destacado, pero resulta imposible homenaxealas, por iso intentamos recoñecer en Lola a todas elas», ha subrayado el alcalde.
En la recepción institucional celebrada en el consistorio se le hizo entrega a la galardonada de un ramo de flores y un broche.
Narón entrega el distintivo de Muller do Ano a Dolores Graña
El Concello reconoce su trabajo en la asociación de vecinos de Virxe do Mar
Ferrol 07 de marzo de 2014 11:04
La Corporación municipal ha reconocido así «todos os anos de traballo a prol dos seus veciños», tal y como ha indicado el regidor naronés José Manuel Blanco. «Hai moitas outras mulleres que tamén están facendo un traballo destacado, pero resulta imposible homenaxealas, por iso intentamos recoñecer en Lola a todas elas», ha subrayado el alcalde.
En la recepción institucional celebrada en el consistorio se le hizo entrega a la galardonada de un ramo de flores y un broche.
No hay comentarios:
Publicar un comentario